24 de outubro de 2012

Que é unha gaiola de Faraday?

Pois non é máis que unha caixa metálica que nos protexe de descargas eléctricas. Esta propiedade débese á capacidade que teñen os materiais condutores, coma os metais, de anular o efecto dos campos eléctricos externos.
Este curioso fenómeno, descuberto polo físico inglés Michael Faraday, ten unha importante aplicación na protección dos avións, pois  non se ven afectados polo impacto dos raios cando se atopan en pleno voo. Na seguinte gravación podes comprobalo.



1 comentario:

  1. É un invento moi útil e efectivo xa que os pasaxeiros non sufren danos

    ResponderEliminar