28 de maio de 2014

Project Natal de Xbox

Un equipo de enxeñeiros da Universidade de Stanford (EEUU) acaban de deseñar un dispositivo para consolas que podería revolucionar o mundo dos videoxogos. Concretamente, este é un mando que mide as funcións fisiolóxicas dos xogadores e altera o modo de xogo para ter unha experiencia máis real e interesante. 
Basicamente, este dispositivo mide a actividade cerebral do xogador e, a partir dos datos que recolla, vai modificando distintos parámetros do xogo (dificultade, cantidade de luz, etc..). O dispositivo foi deseñado polo investigador Gregory Kovacs da Universidade de Stanford en colaboración con Texas Instruments.
O mando que se usou para instalalo foi o da consola Xbox 360, ao que se lle remprazou a parte traseira por un módulo de plástico tridimensional con varios sensores que miden distintas funcións corporais como o ritmo cardíaco ou a tasa de respiración.

Fonte :www.muyinteresante.es (09/04/2014)

1 comentario:

  1. Este novo dispositivo resúltame moi interesante. Por unha banda , penso que terá moito éxito pois este mundo de videoxogos está moi integrado na sociedade actual. Por outra , dicir que debemos deixar un pouco de lado as novas tecnoloxías e centrarnos en cousas máis importantes.

    ResponderEliminar