19 de maio de 2014

Como converter o océano en auga potable.

A día de hoxe ningún método para desalinizar a auga deu resultado polo seu coste de produción e mantemento. Pero científicos da Universidade de Texas desenvolveron un chip que podería converter a auga dos mares en auga potable.

O proceso é moi simple: faise correr a auga por un canal pequeno sobre o que se pon unha corrente eléctrica uniforme de 3 vatios. Con isto conseguimos frear os ións de cloruro de sodio ao paso da auga.

De momento só se conseguiu desalinizar unha pequena porcentaxe da que sería necesaria para o consumo humano. Se se fixese funcionar este proceso, o chip axudaría moito aos sistemas purificadores de auga.


Fonte: www.quo.es (28/08/2013)

2 comentarios:

  1. Este artigo paréceme interesante xa que isto pode axudar a que todos os seres humanos poidan ter auga potable para beber. Incluso países pobres que non se podían permitir pagar os outros tratamentos.

    ResponderEliminar
  2. Creo que a Universidade de Texas fixo unha gran labor diseñando este chip xa que é moi útil, e impediría moitas mortes.

    ResponderEliminar