Famelab é un concurso internacional que pretende fomentar a divulgación científica a través de monólogos.
A bióloga galega Alba Aguión Tarrío, de 26 anos, impúxose na edición de 2016 co monólogo “A intelixencia do formigueiro” no que explicou o mundo das formigas.
A investigadora representará a España no encontro internacional de Famelab que terá lugar en terras británicas.
O xurado deste concurso, que desde 2007 se celebra en viente e cinco países coa colaboración de 5000 investigadores, foi integrado polo bioquímico Didac Carmona, a meteoróloga da TVE Mónica López Moyano e o cómico Enrique Pérez Vergara.
A Raíña Letizia por terceiro ano consecutivo, foi a encargada de entregar o premio.
Imaxe de gciencia.com |
Fonte: www.giencia.com (publicado 13/05/2016)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar