21 de maio de 2014

Albert Einstein: O precursor da nova era da Física

Naceu no ano 1979 en Ulm (Alemaña) e foi un neno de desenvolvemento tardío. Na súa infancia, os profesores non viron nada especial nel.
Cando acadou a idade apropiada intentou ingresar no ETH, Instituto Tecnolóxico Federal de Suíza, mais suspendeu o exame de acceso. Máis adiante conseguiríao e alí coñecería á súa primeira parella, Mileva.
En 1905 publicou catro artigos científicos sobre diversos temas. No primeiro fala sobre o movemento browniano e no segundo sobre o efecto fotoeléctrico. No terceiro, afirmou que a velocidade da luz é constante para calquera observador e no cuarto artículo, deduce a fórmula para a variación da masa dunha partícula en movemento.
Recibiría, por cambiar as bases da Física, unha cátedra na Universidade de Berlín.
Presentou a chamada Teoría da Relatividade Xeral (1915) que explica a atracción gravitatoria como unha consecuencia da estrutura xeométrica en catro dimensións. Este foi probablemente o logro científico máis importante da historia.
En 1921 recibe o premio Nobel polas súas achegas á Física Teórica, en especial pola súa explicación do efecto fotoeléctrico.
Einstein morreu en Princenton (EEUU), no 1955.



Imaxe de: wikipedia.org

 
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

2 comentarios:

  1. Este artículo pareceme moi interesante debido que trata a unha das persoas mais importantes para a ciencia.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo co comentario anterior.

    ResponderEliminar