1 de xuño de 2016

Nicolás Copérnico (1473-1543)

Copérnico é coñecido como o iniciador da revolución científica que cambiou de maneira decisiva a historia da ciencia e con iso a da humanidade. Naceu en Thorn (hoxe Polonia), e criouse baixo os coidados do seu tío Lucas Watzenrode, quen se fixo cargo dos seus estudos.
Estudou Dereito, Medicina, Grego, Filosofía, Ciencias e Astronomía na Universidade de Cracovia. Chegou a exercer a Medicina mais foron os seus traballos sobre Astronomía os que o converteron nun dos científicos máis famosos de todos os tempos.
A primeira teoría referente ao universo foi dun astrónomo grego chamado Claudio Ptolomeo que dicía que a Terra ocupaba o centro do Universo, e así movíanse os planetas, a Lua é o Sol en órbitas circulares a diferentes distancias en torno a ela, existindo unha esfera externa onde situar as estrelas, é dicir, a Terra era o centro do universo e polo tanto o ser humano. 
Copérnico contradiciu a teoría de Ptolomeo coa súa propia, grazas as observacións que realizou nas torres de Heilsberg, Allenstein e Frauenburg.
No seu libro De revolutionibus orbium coelestium expuxo a súa teoría heliocéntrica na que o sol é o centro do universo, os planetas orbitan arredor del e os satélites arredor dos planetas. 
Con este descubrimento de Copérnico inaugúrase unha nova época que fai ver dunha maneira diferente a observación do universo, mais as súas teorias do universo enfrontáronse coa Igrexa. O desprazamento da Terra e mais do home do centro do Universo foi rexeitado e a súa obra incluida no Índice de Libro Prohibidos pola Igrexa.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/artpdf/01a.pdf



5 comentarios:

  1. Cales foron as súas aportacións á humanidade ademais da teoría heliocéntrica?

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar