19 de maio de 2014

Mar Capeáns

Naceu en Santiago de Compostela en 1967. É licenciada en física e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como investigadora no CERN (Organisation européenne pour la recherche nucléaire).

Cando estudaba non tiña claro que fose apostar pola investigación pero no último curso fascinoulle unha materia sobre os conceptos dos detectores de partículas.

Despois de licenciarse botou un tempo colaborando no departamento de física de particulas da USC. Marchou a Xenebra no 1992 para traballar 12 meses no grupo de Georges Charpak, que recibiu o Premio Nobel de física ese mesmo ano. Estivo no CERN ata 1998, ano no que foi traballar a outro laboratorio de física de partículas, o alemán DESY. Dous anos despois volveu ao CERN para quedar definitivamente. Alí traballou no proxecto ATLAS, entre outros. Ten máis de 60 publicacións en revistas científicas de prestixio internacional. Actualmente está traballando nun experimento do LHC cuxo obxetivo é entender o porque do Big Bang.


 
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Grupo Correo Gallego.


Ningún comentario:

Publicar un comentario