30 de maio de 2016

Ida Pfeiffer

Ida Pfeiffer foi a primeira occidental en penetrar nas rexións inexploradas de Borneo. Naceu o 14 de outubro de 1797 en Viena (Austria) e morreu no mesmo lugar o 27 de outubro de 1858.  
De familia humilde e sen recursos, estudaba xeografía ás agachadas pois o seu soño era viaxar arredor do mundo e coñecer cousas novas. Cando reuniu o valor necesario para marchar da casa e viaxar, foi a Brasil, China, Singapur, Ceilán, India, Mesopotamia, Persia, Kurdistán, Polinesia, Borneo, Madagascar… co lema: “Ver o máximo posible; gastar o menos posible”.
É famosa por ser unha das poucas mulleres que explorou Borneo onde conviviu con indíxenas. Logrou que os homes de todos eses lugares respectasen a súa vontade.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: LAPIERRE, Alexandra & MOUCHERD, Christel (2007). Grandes aventureras. Ed. Blume. Barcelona.


1 comentario: