23 de maio de 2016

Unha app para coñecer a calidade da cervexa

Un equipo de químicos coordinados por Elena Benito Peña e María Cruz Moreno Bondi da Universidade Complutense de Madrid, desenvolveron un sistema que permite medir se a cervexa está rancia.
Este sistema, rápido e de baixo custo, consta duns sensores dun polímero similar ao que se emprega para fabricar as lentes de contacto. Os sensores cambian de cor ao entrar en contacto coa cervexa, pasando de amarelo a rosa segundo a cantidade de furfural -composto químico que se forma cando a bebida envellece- que detecten. 
Mediante unha aplicación móbil, creada polo mesmo equipo, pódese coñecer exactamente a cantidade de furfural presente na bebida mediante a toma dunha fotografía. Considérase este un importante avance para a industria cervexeira, que tamén podería ser utilizado con outros alimentos como mel, leite, café...

Imaxe UCM


2 comentarios:

  1. Un gran artigo pero eu engadiríalle o nome da app para que todos os lectores puidesen desfrutala.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar