30 de abril de 2013

Descubertos os planetas máis similares á Terra fóra do Sistema Solar

O telescopio espacial Kepler, lanzado no 2009, foi o descubridor de sete novos exoplanetas. Estes pertencen a dous sistemas planetarios distintos e dispóñense en torno a dúas estrelas: Kepler-62 e Kepler-69.
A primeira estrela é menos brillante e máis fría có noso Sol, e posúe cinco planetas, dous considerados potencialmente habitables. O segundo sistema planetario que orbita en torno a Kepler-69, contén dous planetas que se diferencian principalmente na súa órbita. Mentres a dun dura 242 días, a do outro tan só 13.
Lisa Kaltenegger, investigadora do Instituto Max Planck de Alemania, manifestou con admiración  que o descubrimento destes exoplanetas mostra a gran diversidade que alberga o Universo fóra do noso Sistema Solar.



Image credit: NASA Ames/JPL-Caltech


Fonte: www.elmundo.es/ciencia (18/04/13)

3 comentarios:

  1. Gústame o planeta 62D é moito máis grande

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Esto son moi boas noticias, xa que se son certos os rumores de que o noso Sol estoupará dentro duns miles de anos, existe a posibilidade de habitar un deses planetas, evitando a extinción da raza humana.

    ResponderEliminar