27 de maio de 2016

Macacos sometidos a experimentos

Na actualidade, China consta de 40 compañías que dispoñen destes monos e que converten a este país no maior exportador. Unha das principais empresas que utilizan estes primates para determinar a seguridade de produtos para uso humano é Hubei Tian Qin Company, que ten arredor duns 700 macacos. 
Estes animais críanse en Asia, polo baixo custo de produción, para despois envialos a diversos centros de investigación, principalmente en Gran Bretraña, Estados Unidos e Xapón. Actualmente empréganse arredor de 145 000 primates ao ano en ensaios clínicos. O feito de compartirmos o 96% dos xenes convírteos en animais moi axeitados para tal fin.

Imaxe de www.nationalgeographic.com
Li Feng

Fonte: www.nationalgeographic.com (publicado 29/04/2016) 


1 comentario:

  1. é impresionante a cantidade de primates que se explotan en moitas empresas, sobre todo de cosméticos, para coñecer os efectos secundarios nas persoas. Non estou de acordo con que utilicen os animais para estas investigacions, xa que en certo modo tamen é maltrato animal.

    ResponderEliminar