30 de maio de 2014

Un robot que percibe estímulos ambientais

Investigadores da Freire Universität Berlin crearon un robot para percibir os estímulos ambientais e aprender a reaccionar ante os mesmos, baseado no sistema nervioso da abella.
A característica principal deste mini cerebro artificial é a súa capacidade de aprender mediante principios moi básicos e a capacidade de asimilar certos estímulos externos con regras de comportamento.
Para o desenvolvemento do experimento colocaron nun circuíto pechado unha serie de obxectos vermellos e azuis. Cada vez que o robot mirase obxectos de cor vermella, produciríse unha luz, conseguindo que o robot detectase a luz como unha recompensa por centrarse no obxecto desa cor.

Fonte: www.muyinteresante.es  (16/02/2014)

28 de maio de 2014

Project Natal de Xbox

Un equipo de enxeñeiros da Universidade de Stanford (EEUU) acaban de deseñar un dispositivo para consolas que podería revolucionar o mundo dos videoxogos. Concretamente, este é un mando que mide as funcións fisiolóxicas dos xogadores e altera o modo de xogo para ter unha experiencia máis real e interesante. 
Basicamente, este dispositivo mide a actividade cerebral do xogador e, a partir dos datos que recolla, vai modificando distintos parámetros do xogo (dificultade, cantidade de luz, etc..). O dispositivo foi deseñado polo investigador Gregory Kovacs da Universidade de Stanford en colaboración con Texas Instruments.
O mando que se usou para instalalo foi o da consola Xbox 360, ao que se lle remprazou a parte traseira por un módulo de plástico tridimensional con varios sensores que miden distintas funcións corporais como o ritmo cardíaco ou a tasa de respiración.

Fonte :www.muyinteresante.es (09/04/2014)

Os pesadelos poder ser sinal de acoso escolar

Imaxe de: www.gabinetpsicologicmataro.com
Os pesadelos poden ser producidos polo acoso escolar dos compañeiros no colexio. Cando o rapaz se da conta xa sofre depresión, ansiedade e brotes psicóticos que poden conducilo ao suicidio.

Na Universidade de Warwick comezaron a buscar un método para detectar estes síntomas se o neno ou nena non e capaz de transmitilos. O 10% destes nenos sofren os chamados “terrores nocturnos” despois da idade na que xa non son habituais.

Estes investigadores publican ésta e outras conclusións no Avon Longitudinal Study of Parents and Children que se publica na Universidade de Bristol.

26 de maio de 2014

Abellas con microchips

Científicos australianos colocarán sensores en máis de 5000 abellas para estudar as causas da diminución das súas colonias en todo o mundo.
A organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO) e a Universidade de Tasmania idearon un proxecto que consiste en colocar sensores nos insectos. Estes chips informarannos das relacións das abellas co seu contorno e os cambios no seu comportamento, calificarán o impacto dos pesticidas e desvelarán as causas do declive das súas colonias.
Paulo de Souza, director do proxecto, informa que estes sensores veñen sendo como unha “mochila” que se lle colocará ás abellas tras sometelas a unha temperatura de cinco graos baixo cero para durmilas.

Novo sistema de almacenamento dixital

A compañía Sony acaba de resucitar as antigas cintas magnéticas que gardaban datos nos ordenadores dos anos 80.
Investigadores desta compañía acaban de “resucitar” estas cintas para convertelas nun dos sistemas de almacenamento máis eficaces que existen xa que un cartucho ou cinta de este tipo pode chegar a almacenar 185 Terabytes, é dicir, unha cantidade que se acerca á capacidade de 3700 discos de Blu-ray. 
Estas cintas están formadas de nanopartículas magnéticas e capas cristalinas cunha orientación uniforme, un sistema que nunca se conseguira aplicar con éxito ata agora. Polo tanto, estas cintas permiten almacenar unha media de 148 Gigabytes por pulgada cadrada (uns 6,4 cm cadrados) ou dito doutro modo, 74 veces a cantidade de datos que se podían almacenar nunha cinta convencional.
Fonte: www.muyinteresante.es (14/05/2014) 

O Ártico derrétese


O xeo do Ártico estase fundindo cada vez máis rápido. Os países cercanos están agardando para lanzarse a explotar recursos: apertura de novas rutas marítimas e grandes cantidades de gas e petróleo.
Investigadores da Universidade de Cambridge chegan á conclusión de que soamente o metano  liberado ao derreterse o permafrost (capa de xeo permanente nos niveis superficiais do solo das  rexións moi frías) situado baixo o Mar de Siberia Oriental, terá un coste económico de 60 billóns de  dólares. Afirman que a liberación deste gas adiantará entre 15 e 25 anos a data na que se esperaba que a temperatura subise máis de dous graos. Isto terá como consecuencia inundacións e fenómenos climáticos extremos que afectarán a todo o planeta.


Fonte: http://www.quo.es/naturaleza/ (25/07/2013)

Galileo, o inicio da Ciencia

Naceu en 1564 en Pisa (Italia). Foi o primeiro dos sete fillos do músico, comerciante e luthier Vicenzo Galilei.
Galileo estudou desde os 17 anos na universidade da súa cidade natal. Pronto descubriu que os seus verdadeiros intereses derivaban cara ás matemáticas. Foi expulsado da universidade polo seu carácter contestatario, polo que viaxa a Florencia sen obter o diploma universitario e comeza os seus estudos teóricos sobre o centro da gravidade dos corpos. Nesta época inventou o medidor do impulso humano.
Traballou nas Universidades de Pisa e de Padua. Nesta época desenvolvería a ley do movemento uniformemente acelerado e a bomba de auga.
En 1609 perfecciona o seu telescopio e fai unha demostración en Venecia. Despois desta, Venecia interésase polo invento xa que lle outorgaba vantaxes militares e comerciais.
En 1610 volve a Florencia onde intentará transmitir a teoría do Heliocentrismo (O Sol é o centro do Sistema Solar e a Terra móvese a redor del). Ao principio, estivo protexido polo papa Urbano III, pero cando este lle mandou facer unha comparación entre as dúas teorías do Universo o Heliocentrismo e o Xeocentrismo (a Terra é o centro do Sistema Solar e o resto dos planetas xiran a redor dela) e Galileo se negou, foi capturado pola Santa Inquisición. Con amenaza de tortura, Galileo foi obrigado a negar a teoría Heliocentrista e, despois disto, foi condenado a cadena perpétua.




wikipedia.org
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

23 de maio de 2014

A caza das baleas pon fin na Antártida

Tras a demanda de Australia a Xapón pola explotación comercial das baleas na Antártida, coñecida como “caza científica”, o Tribunal da Haya declara ilegal estas prácticas.
Greenpeace opoñíase a estas perigosas prácticas desde hai moito tempo xa que eran moi prexudiciais para a saúde dos océanos. Todo isto recompensouse coa decisión do alto tribunal e ambos países respetan a sentencia.
Tras unha longa investigación, comprobouse que Xapón estivo pagando a países menos desarrollados co fin de asegurar votos para a Comisión Baleeira Internacional (CBI) .Con isto Xapón consegue capturar máis de 10000 baleas durante os últimos 20 anos neste océano.
Como defensa este país afirma que a caza de baleas é parte da súa cultura.

 Fonte: www.mundo-geo.es

21 de maio de 2014

O consumo de alcohol empeora a visión nocturna

Investigadores da Universidade de Granada demostraron que o consumo de alcohol empeora notablemente a visión na noite. Menoscaba a calidade óptica da imaxe que vemos porque se deteriora a película de lágrima que recobre a superficie do ollo. 

Isto sucede xa que o alcohol aumenta a percepción dos círculos luminosos e produce alteracións visuais nocturnas o que dá lugar a unha visión deficiente. 

Estes investigadores realizaron o experimento con 67 participantes aos que se lle mediu a tasa de alcoholemia en aire expirado e aos que lles fixeron probas de rendemento visual nocturno.


Fonte: www.muyinteresante.es  ( 25/04/14 )  

Isaac Newton, o mestre da razón

Nacido en 1642 en Liconlshire (Inglaterra), nunha familia analfabeta de granxeiros. Seus pais separáronse ao pouco tempo e viviu a súa infancia xunto aos seus avós.
Xa maior de idade, Newton ingresa no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde comeza a ler libros sobre Aristóteles,Galileo e Copérnico; lerá a Óptica de Kepler e sobre todo, Os elementos de Euclides, que lle impresionarán decisivamente.
O libro de ciencia máis importante xamais escrito foi o chamado Principia. Nel explica as Leis da Mecánica e as súas aplicacións, o movemento absoluto e relativo, as mareas, a demostración das Leis de Kepler e a Lei de Gravitación Universal.
O seu cáracter neurótico, case psicótico fixo que sufrira grandes crises persoais e progresivamente perdeu a súa capacidade de concentración. Fixou o seu interese na alquimia, astroloxía, relixión e na historia. Morreu en 1727 e encóntrase enterrado na Abadía de Westminster.
Imaxe de: wikipedia.org

HENRIETTA SWAN LEAVITT( 1857-1911)

Naceu nos Estados Unidos. Estudou o bacharelato no Radcliffe College onde atopou a súa fascinación pola astronomía.
 
En 1893 entra a traballar como voluntaria no Harvard College Observatory xunto con máis mulleres astrónomas ás que lle chamaron “harén”, debido ao machismo da época. Pronto se retirou do seu traballo no observatorio debido a unha xordeira.
 
A súa aportación ao mundo da astronomía permitiu anos máis tarde calcular as distancias entre galaxias despois dun estudio sobre as variables Cefeidas da Nube de Magalláns e numerosos cálculos. Non puido ser recoñecida como a autora deste gran avance xa que tiña unha saúde débil o que fixo que morrera pronto, feito ao que tamén se lle sumou o carácter fortementre machista dunha sociedade que non llo permitiu.

En 2009 a directora do Museo da Ciencia e o Cosmos (La Laguna, Tenerife), Carmen del Puerto, preparou unha obra de teatro sobre ela.
                            
20090213021930-gal-leavitt2.jpg
Imaxe:http://vgomez.blogia.com/2009/021301-henrietta-swan-leavitt.php

 
 
Fontes: 
http://www.muyinteresante.es ( 26/11/09 )  

http://www.elmundo.es  ( 07/10/09 )
 

Albert Einstein: O precursor da nova era da Física

Naceu no ano 1979 en Ulm (Alemaña) e foi un neno de desenvolvemento tardío. Na súa infancia, os profesores non viron nada especial nel.
Cando acadou a idade apropiada intentou ingresar no ETH, Instituto Tecnolóxico Federal de Suíza, mais suspendeu o exame de acceso. Máis adiante conseguiríao e alí coñecería á súa primeira parella, Mileva.
En 1905 publicou catro artigos científicos sobre diversos temas. No primeiro fala sobre o movemento browniano e no segundo sobre o efecto fotoeléctrico. No terceiro, afirmou que a velocidade da luz é constante para calquera observador e no cuarto artículo, deduce a fórmula para a variación da masa dunha partícula en movemento.
Recibiría, por cambiar as bases da Física, unha cátedra na Universidade de Berlín.
Presentou a chamada Teoría da Relatividade Xeral (1915) que explica a atracción gravitatoria como unha consecuencia da estrutura xeométrica en catro dimensións. Este foi probablemente o logro científico máis importante da historia.
En 1921 recibe o premio Nobel polas súas achegas á Física Teórica, en especial pola súa explicación do efecto fotoeléctrico.
Einstein morreu en Princenton (EEUU), no 1955.



Imaxe de: wikipedia.org

 
Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/articulos.html

O robot atrapador de obxectos.

Foi construído en Suíza pola Escola Politécnica Federal de Lausana.

O robot funciona da seguinte maneira: primeiro observa como o fai unha persoa e tras varias repeticións, aprende como facelo. A súa forma é a de un brazo biónico de 150 centímetros de lonxitude que consta de tres articulacións e unha sofisticada man con catro dedos coa finalidade de capturar obxectos en movemento de diferentes tamaños e formas.

 Unha das súas aplicacións potenciais é a de atrapar fragmentos de basura no espazo.




Fonte: www.elmundo.es (13/05/2014)


19 de maio de 2014

Como converter o océano en auga potable.

A día de hoxe ningún método para desalinizar a auga deu resultado polo seu coste de produción e mantemento. Pero científicos da Universidade de Texas desenvolveron un chip que podería converter a auga dos mares en auga potable.

O proceso é moi simple: faise correr a auga por un canal pequeno sobre o que se pon unha corrente eléctrica uniforme de 3 vatios. Con isto conseguimos frear os ións de cloruro de sodio ao paso da auga.

De momento só se conseguiu desalinizar unha pequena porcentaxe da que sería necesaria para o consumo humano. Se se fixese funcionar este proceso, o chip axudaría moito aos sistemas purificadores de auga.


Fonte: www.quo.es (28/08/2013)

Mar Capeáns

Naceu en Santiago de Compostela en 1967. É licenciada en física e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como investigadora no CERN (Organisation européenne pour la recherche nucléaire).

Cando estudaba non tiña claro que fose apostar pola investigación pero no último curso fascinoulle unha materia sobre os conceptos dos detectores de partículas.

Despois de licenciarse botou un tempo colaborando no departamento de física de particulas da USC. Marchou a Xenebra no 1992 para traballar 12 meses no grupo de Georges Charpak, que recibiu o Premio Nobel de física ese mesmo ano. Estivo no CERN ata 1998, ano no que foi traballar a outro laboratorio de física de partículas, o alemán DESY. Dous anos despois volveu ao CERN para quedar definitivamente. Alí traballou no proxecto ATLAS, entre outros. Ten máis de 60 publicacións en revistas científicas de prestixio internacional. Actualmente está traballando nun experimento do LHC cuxo obxetivo é entender o porque do Big Bang.


 
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Grupo Correo Gallego.


O 60% das persoas con pensamentos suicidas non recibe tratamento.

Investigadores da Universidade de Glasgow e da Universidade de Harvard revisaron os factores psicolóxicos que contribúen a un comportamento suicida, como por exemplo os tipos de personalidade, factores cognitivos e acontecementos vitais negativos.

 
O suicidio é unha das 20 causas máis importantes de defunción no mundo para calquera rango de idade con un millón de mortes ao ano. Os resultados amosan que o 60 % das persoas con pensamentos suicidas loitan contra eles sen ningún tipo de axuda.



Fonte: www.agenciasinc.es (02/5/14)


16 de maio de 2014

Nova forma de ver os átomos

Maximilian Haider, Harald Rose e Knut Urban conseguiron o Premio BBVA Fronteiras do Coñecemento 2013 por descubrir un microscopio que permite observar con detalle como interaccionan á vez os átomos.

Estes tres homes coñecéronse nun congreso en 1989 e tras escoitar e valorar a proposta que fixera Rose, Haider e Urban propuxéronlle xuntarse para poder levar esa idea a cabo. En 1997 o seu traballo xa daría algún froito pero non foi ata 2003 cando empezaron a comercializar o seu produto. Este produto consistía nun microscopio capaz de visualizar átomos a un picómetro de distancia (billonésima parte do metro). 

A cerimonia de entrega deste premio terá lugar en Madrid o 30 de xuño deste ano.

De esquerda a dereita: Harald Rose, Maximilian Haider e Knut Urban.


Fonte: www.quo.es (21/01/2014)

 

12 de maio de 2014

Iris Runge (1888-1966)

Foi unha matemática alemá, primeira no campo da aplicación industrial de métodos estatísticos e no desenvolvemento de métodos gráficos de integración. Estudou nunha época na que a ciencia, a tecnoloxía e a industria estaban sufrindo cambios, cambios que contribuíron á carreira das mulleres na ciencia. Loitou por facerse un oco como muller na industria eléctrica e de comunicacións.
Autora do libro: “A LIFE AT THE CROSSROADS OF MATHEMATICS, SCIENCE, AND INDUSTRY” (unha vida na encrucillada de matemáticas, ciencia e industria), no que trata temas autobiográficos como o camiño que se tivo que abrir para poder chegar a ser quen foi. A medida que o libro avanza, vaise centrando máis nas matemáticas, na tecnoloxía, na política e na sociedade.
En conclusión, foi unha muller importante no campo da ciencia que escribiu un denso libro sobre ciencias e sobre as perspectivas académicas, laborais e profesionais das mulleres que se decidían a formar parte da ciencia na Alemaña do siglo XX.

Imaxe: https://www.hu-berlin.de

Fonte: www.investigacionyciencia.es (Outubro 2013 - Nº 445)