22 de maio de 2015

Pilar Bermejo

Santiago, 1956.
Foi Vicedecana da Facultade de Química dende 1989 ata 1994 e directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía dende 1998 ata 2006.
Dirixe nesta facultade o Grupo de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación.
Dirixiu e desenvolveu numerosos proxectos de investigación. Entre eles citamos o realizado coa cooperativa galega leiteira Feiraco para obter leite enriquecido en selenio, elemento químico que achega propiedades protectoras contra o cancro e a diabete.

 
Pilar Bermejo é decana da Facultade de Química dende 2014.
Imaxe de www.lavoz degalicia.es
Fonte:Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas.Ed. Compostela.

Leonhard Euler

Naceu en Basilea, Suiza, en 1707. É considerado o matemático máis influínte de todos os tempos. Con catorce anos, cando comezou a estudar teoloxía, coñeceu na universidade ao matemático Johann Bernoulli. Este descubriu nel un talento sorprendente e unha poderosa memoria así como unha facilidade extraordinaria para o cálculo e un notable rigor dedutivo. Bernouilli convenceu ao seu pai de que lle permitise dedicarse ás matemáticas.
En 1726 publicou o seu primeiro artigo e 57 anos máis tarde escribiría o último. Neste mesmo ano Daniel Bernoulli, fillo de Johann, chamouno para cubrir a praza de Fisioloxía na Academia de Ciencias de San Petersburgo que quedou vacante pola morte de seu irmán. Á súa chegada morre a tsarina Catalina. Isto obrígao a traballar como médico na armada durante tres anos mentres non se solucionan os conflitos entre a casa imperial e a nobreza. A zarina Ana ocupa o trono e, nese momento, Euler pasa a ocupar a praza de matemático na Academia, da que sería director en 1735.
Casa con Katharina Gsell, coa que ten trece fillos. Neste ambiente atopa a solución ó chamado “problema das pontes de Könisberg” que conduce á moderna Topoloxía. Morta a tsarina Ana, en 1740, Euler acepta a proposta de Federico II de Prusia de ocupar unha praza na Academia de Berlín, onde permanecerá durante vintecinco anos.
É autor de varios libros. “Cartas a unha princesa alemá” é o máis popular deles e unha das primeiras obras de divulgación científica. En “Introductio in analysin infinitorum” nacen as modernas funcións matemáticas e en “Methodus inveniendi” crea o cálculo variacional. En 1766, Euler regresa a San Petersburgo e morre na súa casa o 18 de setembro de 1783 dun infarto cerebral.
Imaxe de wikipedia.org

20 de maio de 2015

Predicir a orixe do cancro

Un estudo realizado por expertos do MIT(Massachussets Institute of Technology), a Universidade de Harvard e a Universidade de Washington amosa un novo modo para atopar o tipo de célula que se encontra detrás de calquera tumor. Estudando os datos aportados polo Roadmap Epigenomics Program, o equipo atopou que as caracteristicas dun tumor poden servir para determinar de onde provén. 
Un dos investigadores, afirma que o seu descubrimento pode predicir especificamente, para distintos tipos de cancro, onde se producirán as mutacións e cal foi a célula orixinal que o causou.
As mutacións son a causas que se agochan detrás de todos os tumores. Os cientificos estudaron diferentes tipos de células provintes de distintos tipos de cancro, como por exemplo o de colon e o de cerebro. En todas elas observaron que as mutacións estaban relacionadas coas estructuras da cromatina. A estructura da cromatina é tan única como unha pegada dactilar e resulta ser unha ferramenta moi fiable para determinar a célula responsable.

Imaxe de www.abc.es

Fonte: www.quo.es (18/02/2015)

19 de maio de 2015

Aphra Behn

Foi unha espía e cortesana inglesa que naceu en 1640, no seno dunha familia pobre e traballadora. Inventou que procedía dunha familia aristócrata para que non se lle cerrarán portas no futuro.
En 1663, Aphra foi enviada a Surinam, na Ámerica do Sur, por Lord Willoughby coa misión de observar a loita polo poder entre o gobernador e os colonos. Escribiu sobre esta experiencia a novela Oroonoko.
En 1667 foi enviada, por Carlos II, a Amberes, Holanda, nunha misión de espionaxe para comprobar a calidade da información que un axente inglés afirmaba ter no seu poder, nuns expedientes confidenciais sobre o exército holandés. Foi baixo o nome de Astrea, a cambio dunha paga miserable.
Aphra buscaba a riqueza e un papel clave na corte, pero cando volveu a Londres encarcearona polas débedas. A salvación da súa ruína foi a literatura. Publicou en 1670 a obra de teatro The Forced Marriage, acadando un inmediato éxito.  
http://www.npg.org.uk/

Fonte: Lapierre, Alexandra; Mouchard, Christel (2007). Grandes aventureras. Ed. Blume

María Wonenburger

María Josefa Wonenbuger Planells (Montrove, Oleiros 17 de xullo de 1927- A Coruña , 14 de xuño de 2014) foi a primeira bolseira Fulbright de Matemáticas española.
Iniciou os seus primeiros estudos en A Coruña no instituto Eusebio da Guarda. No 1950 obtivo a licenciatura en Matemáticas na Facultade de Matemáticas da Universidade Central de Madrid (antigo nome da Universidade Complutense de Madrid), ata onde se tivo que desprazar porque en Santiago aínda non existían estos estudos. No ano 1953, foi seleccionada polo Goberno dos Estados Unidos para facer a tese doutoral na Universidade de Yale.
Destacou nas álxebras de Clifford e na teoría dos grupos clásicos. As súas ideas foron empregadas por diversos autores. Xunto con Robert Moody fixo unha xeneralización da teoría das álxebras de Lie simples á dimensión infinita.
No ano 1983 a súa nai caeu nunha enfermidade e Wonenburger regresou á súa cidade natal e retirouse oficialmente das matemáticas.
Nos últimos anos estánselle a facer diversas homenaxes en Galicia para recoñecer o seu labor. O premio da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia leva o seu nome.



Imaxe de asturgalicia.net

Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Ed. Compostela.




O ordenador máis pequeno do mundo

Expertos do Departamento de Ciencias da Computación da Universidade de Michigan desenvolveron o ordenador mais pequeno do mundo chamado Michigan Micro Mote (M^3) que non ten nin teclado nin pantalla.
O obxectivo destes científicos e conseguir que algún día os obxectos cotiáns da casa teñan circuítos integrados e que poidan comunicarse entre eles formando unha rede.
Entres as funcións deste ordenador están: a toma de fotografias, a obtención de temperaturas e o rexistro de medidas de presión. Debido ao seu pequeno tamaño poderase utilizar dentro do corpo humano.
Industrias petroleiras tamén se interesaron por esta tecnoloxía que podería ser empregada en tuberias e gasodutos.

Fonte: www.quo.es (7/04/2015)