21 de maio de 2014

O robot atrapador de obxectos.

Foi construído en Suíza pola Escola Politécnica Federal de Lausana.

O robot funciona da seguinte maneira: primeiro observa como o fai unha persoa e tras varias repeticións, aprende como facelo. A súa forma é a de un brazo biónico de 150 centímetros de lonxitude que consta de tres articulacións e unha sofisticada man con catro dedos coa finalidade de capturar obxectos en movemento de diferentes tamaños e formas.

 Unha das súas aplicacións potenciais é a de atrapar fragmentos de basura no espazo.




Fonte: www.elmundo.es (13/05/2014)


19 de maio de 2014

Como converter o océano en auga potable.

A día de hoxe ningún método para desalinizar a auga deu resultado polo seu coste de produción e mantemento. Pero científicos da Universidade de Texas desenvolveron un chip que podería converter a auga dos mares en auga potable.

O proceso é moi simple: faise correr a auga por un canal pequeno sobre o que se pon unha corrente eléctrica uniforme de 3 vatios. Con isto conseguimos frear os ións de cloruro de sodio ao paso da auga.

De momento só se conseguiu desalinizar unha pequena porcentaxe da que sería necesaria para o consumo humano. Se se fixese funcionar este proceso, o chip axudaría moito aos sistemas purificadores de auga.


Fonte: www.quo.es (28/08/2013)

Mar Capeáns

Naceu en Santiago de Compostela en 1967. É licenciada en física e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa como investigadora no CERN (Organisation européenne pour la recherche nucléaire).

Cando estudaba non tiña claro que fose apostar pola investigación pero no último curso fascinoulle unha materia sobre os conceptos dos detectores de partículas.

Despois de licenciarse botou un tempo colaborando no departamento de física de particulas da USC. Marchou a Xenebra no 1992 para traballar 12 meses no grupo de Georges Charpak, que recibiu o Premio Nobel de física ese mesmo ano. Estivo no CERN ata 1998, ano no que foi traballar a outro laboratorio de física de partículas, o alemán DESY. Dous anos despois volveu ao CERN para quedar definitivamente. Alí traballou no proxecto ATLAS, entre outros. Ten máis de 60 publicacións en revistas científicas de prestixio internacional. Actualmente está traballando nun experimento do LHC cuxo obxetivo é entender o porque do Big Bang.


 
Fonte: Casal, Iolanda (2007). Investigadoras galegas. Grupo Correo Gallego.


O 60% das persoas con pensamentos suicidas non recibe tratamento.

Investigadores da Universidade de Glasgow e da Universidade de Harvard revisaron os factores psicolóxicos que contribúen a un comportamento suicida, como por exemplo os tipos de personalidade, factores cognitivos e acontecementos vitais negativos.

 
O suicidio é unha das 20 causas máis importantes de defunción no mundo para calquera rango de idade con un millón de mortes ao ano. Os resultados amosan que o 60 % das persoas con pensamentos suicidas loitan contra eles sen ningún tipo de axuda.



Fonte: www.agenciasinc.es (02/5/14)


16 de maio de 2014

Nova forma de ver os átomos

Maximilian Haider, Harald Rose e Knut Urban conseguiron o Premio BBVA Fronteiras do Coñecemento 2013 por descubrir un microscopio que permite observar con detalle como interaccionan á vez os átomos.

Estes tres homes coñecéronse nun congreso en 1989 e tras escoitar e valorar a proposta que fixera Rose, Haider e Urban propuxéronlle xuntarse para poder levar esa idea a cabo. En 1997 o seu traballo xa daría algún froito pero non foi ata 2003 cando empezaron a comercializar o seu produto. Este produto consistía nun microscopio capaz de visualizar átomos a un picómetro de distancia (billonésima parte do metro). 

A cerimonia de entrega deste premio terá lugar en Madrid o 30 de xuño deste ano.

De esquerda a dereita: Harald Rose, Maximilian Haider e Knut Urban.


Fonte: www.quo.es (21/01/2014)

 

12 de maio de 2014

Iris Runge (1888-1966)

Foi unha matemática alemá, primeira no campo da aplicación industrial de métodos estatísticos e no desenvolvemento de métodos gráficos de integración. Estudou nunha época na que a ciencia, a tecnoloxía e a industria estaban sufrindo cambios, cambios que contribuíron á carreira das mulleres na ciencia. Loitou por facerse un oco como muller na industria eléctrica e de comunicacións.
Autora do libro: “A LIFE AT THE CROSSROADS OF MATHEMATICS, SCIENCE, AND INDUSTRY” (unha vida na encrucillada de matemáticas, ciencia e industria), no que trata temas autobiográficos como o camiño que se tivo que abrir para poder chegar a ser quen foi. A medida que o libro avanza, vaise centrando máis nas matemáticas, na tecnoloxía, na política e na sociedade.
En conclusión, foi unha muller importante no campo da ciencia que escribiu un denso libro sobre ciencias e sobre as perspectivas académicas, laborais e profesionais das mulleres que se decidían a formar parte da ciencia na Alemaña do siglo XX.

Imaxe: https://www.hu-berlin.de

Fonte: www.investigacionyciencia.es (Outubro 2013 - Nº 445)