7 de maio de 2013

Investigación de peloides na Universidade de Vigo

O Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo está a estudar as propiedades dos denominados “peloides”. A peloterapia é unha rama da terapia termal que consiste na aplicacion de barros termales (peloides). Estes produtos presentan diferentes características físicas, químicas e biolóxicas. Este tipo de terapia está en auxe agora mesmo en balnearios e centros termais. Este traballo ten como fin estudar o comportamento térmico para así facilitar un deseño óptimo destas mezclas . Do estudio da peloterapia como axente terapéutico encárgase a Hidrología Médica e a Medicina Física. 


Imaxe da Wikipedia


Fonte: Publicación Semestral da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Segundo semestre 2012.

3 de maio de 2013

Demostrado o "efecto Pinocho".

Coñecemos como efecto Pinocho aquel que lle afecta a unha persoa cando mente. Debido a isto aumenta a temperatura do seu nariz e a do seu músculo orbital. O nariz volverá ao seu estado inicial se realizamos un esforzo mental, é dicir, se nos enfrontamos a actividades difíciles, mentras que se sufrimos un ataque de ansiedade a temperatura facial aumentará de novo. 
Isto corresponde a unha investigación realizada mediante termografía, técnica baseada na detección da temperatura dos corpos. 
Cando mentimos sobre os nosos sentimentos, actívase no cerebro unha estrutura denominada ínsula que intervén na regulación da temperatura corporal.


Fonte: www.muyinteresante.es/  (26/11/2012)

É a fin das troitas?


Un estudo español prevé que no ano 2040 unha de cada dúas troitas desaparecerá, e que no ano 2100, case ningunha percorrerá os ríos ibéricos.
Debido á sensibilidade desta especie de salmónido (Salmo trutta) aos cambios no seu contorno e, en especial, aos cambios de temperatura da auga, producidos polo xa coñecido cambio climático, estase producindo a súa rápida regresión nas cuncas ibéricas. Outras causas que están provocando a súa extinción son, entre outras: a sobrepesca, a extracción de auga para cultivos ou a repoboación con outras especies que compiten polo alimento e, ao mesmo tempo, están alterando de xeito negativo a xenética das troitas.




Suicido no sangue

Científicos de Suecia e Australia intentan descubrir se é a xenética a que nos predispón a quitarnos a vida.
O ano pasado, investigadores suecos publicaron un estudo respecto a esta investigación, no que vinculaban os intentos de suicidio con niveis elevados de ácido quinolínico, un neurotransmisor asociado á inflamación.
Na actualidade un grupo científico procedente de Australia toma como punto de partida as investigacións dos científicos suecos, para desenvolver unha análise que detecte dito ácido no sangue.



Fonte: www.quo.es (9/2/2013)

Xatcobeo

Na universidade de Vigo (co apoio do Instituto Nacional de Técnicas Aereoespaciais) creouse o prototipo dun “cubosatélite” chamado Xatcobeo que foi posto en órbita o 9 de febreiro na Guayana Francesa.
O “cubosatélite” de 900 gramos e 10 centímetros de longo, largo e profundidade será útil na futura construción de novos satélites. Outra aplicación poderá ser a recepción de sinais de vixilancia marítima ata a configuración de sensores terrestres que axudarán na loita contra incendios. Varias universidades chilenas amosaron interés polo “cubosatélite”.



Fonte: www.elmundo.es (14/01/2012)

Síndrome de Alicia no País da Marabillas

Investigadores galegos estudaron un caso excepcional dun transtorno neurolóxico chamado “Síndrome de Alicia no País das Marabillas”, que pode afectar a nenos e adultos que padecen migraña.
María José Corral Caramés, autora principal do estudo e pediatra do Centro de Saúde "A Ponte" (Ourense), explica que os pacientes que sofren esta síndrome perciben alteracións da forma, tamaño e situación espacial dos obxectos, así como a distorsión da imaxe corporal e do transcurso do tempo.



Fonte: www.muyinteresante.es (15/07/2009).