6 de xuño de 2016

Tecnoloxía galega para o cifrado de datos

O Grupo de Procesado de Sinal en Comunicación do centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo, presentou un novo sistema de encriptación que permite unha maior seguridade no envío de datos.  Grazas a unha serie de ferramentas avanzadas de criptografía, traballar sobre datos poderá ofrecer máis privacidade, pois este sistema permitirá modificar os datos encriptados sen a necesidade de ter que descifralos primeiro.
 
O esquema de cifrado que os investigadores do AtlantTIC crearon permite o encriptamento de calquera tipo de sinal (audio, imaxes, vídeos, ecografías 4D…). A eficacia desta nova ferramenta permite agochar os datos mesmo ao proveedor de servizo, sendo ideal para operacións bancarias e para a transmisión de información médica privada entre profesionais da medicina, entre outras moitas máis aplicación.


Juan Ramón Troncoso, investigador de AtlantTIC.
Imaxe de http://atlanttic.uvigo.es


Fonte: www.gciencia.es (publicado 28/04/2016)

 

3 de xuño de 2016

O canibalismo transforma unha estrela en anana marrón

Unha estrela converteuse nunha anana marrón debido a que a súa compañeira lle quitou parte da súa masa.
Isto descubriuse ao observar o sistema binario J1433 dende o Observatorio Paranal de Chile.
O sistema consiste nun obxecto de baixa masa que se move nunha órbita moi estreita arredor dunha anana branca e esta deixouna sen un 90% de masa transformándoa así nunha anana marrón. As ananas marróns son estrelas que non poden brillar.
Para realizar estas observacións utilizouse o instrumento X-Shooter. O profesor Christian Knigge na Universidade de Southampton foi quen iniciou e supervisou este proxecto.

Imaxe de www.agenciasinc.es
Rene Breton 

Fonte: www.agenciasinc.es (publicado 18/05/2016)


1 de xuño de 2016

Nicolás Copérnico (1473-1543)

Copérnico é coñecido como o iniciador da revolución científica que cambiou de maneira decisiva a historia da ciencia e con iso a da humanidade. Naceu en Thorn (hoxe Polonia), e criouse baixo os coidados do seu tío Lucas Watzenrode, quen se fixo cargo dos seus estudos.
Estudou Dereito, Medicina, Grego, Filosofía, Ciencias e Astronomía na Universidade de Cracovia. Chegou a exercer a Medicina mais foron os seus traballos sobre Astronomía os que o converteron nun dos científicos máis famosos de todos os tempos.
A primeira teoría referente ao universo foi dun astrónomo grego chamado Claudio Ptolomeo que dicía que a Terra ocupaba o centro do Universo, e así movíanse os planetas, a Lua é o Sol en órbitas circulares a diferentes distancias en torno a ela, existindo unha esfera externa onde situar as estrelas, é dicir, a Terra era o centro do universo e polo tanto o ser humano. 
Copérnico contradiciu a teoría de Ptolomeo coa súa propia, grazas as observacións que realizou nas torres de Heilsberg, Allenstein e Frauenburg.
No seu libro De revolutionibus orbium coelestium expuxo a súa teoría heliocéntrica na que o sol é o centro do universo, os planetas orbitan arredor del e os satélites arredor dos planetas. 
Con este descubrimento de Copérnico inaugúrase unha nova época que fai ver dunha maneira diferente a observación do universo, mais as súas teorias do universo enfrontáronse coa Igrexa. O desprazamento da Terra e mais do home do centro do Universo foi rexeitado e a súa obra incluida no Índice de Libro Prohibidos pola Igrexa.

Imaxe de wikipedia.org

Fonte: http://www.losimprescindiblesdelaciencia.es/artpdf/01a.pdf