6 de xuño de 2016

Tecnoloxía galega para o cifrado de datos

O Grupo de Procesado de Sinal en Comunicación do centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo, presentou un novo sistema de encriptación que permite unha maior seguridade no envío de datos.  Grazas a unha serie de ferramentas avanzadas de criptografía, traballar sobre datos poderá ofrecer máis privacidade, pois este sistema permitirá modificar os datos encriptados sen a necesidade de ter que descifralos primeiro.
 
O esquema de cifrado que os investigadores do AtlantTIC crearon permite o encriptamento de calquera tipo de sinal (audio, imaxes, vídeos, ecografías 4D…). A eficacia desta nova ferramenta permite agochar os datos mesmo ao proveedor de servizo, sendo ideal para operacións bancarias e para a transmisión de información médica privada entre profesionais da medicina, entre outras moitas máis aplicación.


Juan Ramón Troncoso, investigador de AtlantTIC.
Imaxe de http://atlanttic.uvigo.es


Fonte: www.gciencia.es (publicado 28/04/2016)

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario